"Planta de Gas fora da Ría": Conflitos locais, fronteiras institucionais e suxeitos políticos en Ferrol Terra [1]

Por Susana Narotzky

O caso que estudarei é o dun conflito ambiental surdido ao redor da construción dunha planta de gas na ría de Ferrol. O intento dun grupo de veciños e veciñas de producir un "movemento social" da poboación civil para impedir a implantación, as estratexias de mobilización, as distintas vías de loita -manifestacións, juridicalización, partidos políticos e sindicatos, asociacións veciñais, discurso ecolóxico, ....-  constitúen o material de base desta análise e mostran a fragmentación e diversidade do interlocutor político para os suxeitos que intentan transformar unha realidade a través de mecanismos lexítimos. O tema que quero abordar neste artigo é o dos distintos niveis de responsabilidade política e xurídica das institucións formais diversas que constitúen o "Estado de Dereito" -gobernos municipais, autonómicos, da nación, Unión Europea-  e como esta diversidade produce suxeitos políticos múltiples. No transcurso dos conflitos en que ven envolvidos, os suxeitos políticos entran en relación con estes armazóns institucionais que lles interpelan e enmarcan as condicións de posibilidade da súa acción de formas moi diversas. Quero mostrar como a capacidade dos distintos actores sociais de "facerse escoitar" como suxeitos políticos polos integrantes das diversas ordes institucionais está historicamente constituída e non é homogénea (interveñen determinaciones de xénero, filiaciones persoais, formas de organización da acción reivindicativa pasada). As fronteiras institucionais así como as fronteiras que proveñen da posición social e ideolóxica, producen suxeitos políticos fragmentados e diferenciados en parte porque articulan as súas formas de comunicación, interacción e recoñecemento en múltiples relacións sociais producidas historicamente e en espazos que conteñen escalas diversas.

A investigación atópase aínda en curso e a presente exposición é simplemente unha primeira abordaxe do complexo tema das formas de acción política no Estado Español hoxe en día.

Índice


___________________

[1] Esta investigación forma parte do proxecto financiado sej2007-66633/soci, Ministerio de Educación e Ciencia.

_____________

;;
Copyleft 2010 Colectivo Ártabra 21 - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column